viernes, 12 de junio de 2020

Unha vez mais os nenos e nenas de 1º demostraron que son  uns artistas, esta vez inspirándose en Picasso. 
Aquí vos deixo o proba!


jueves, 11 de junio de 2020

AS AVES DA NOSA CONTORNA II


Aquí vos vai a segunda entrega! A verdade é que aportastes información moi interesante que puidemos incorporar no apartado de curiosidades.
Esperamos que aprenderades moitas cousas e pouco a pouco sexades capaces de identificar algunhas das aves que nos rodean!





miércoles, 27 de mayo de 2020

AS AVES DA NOSA CONTORNA

Ao redor de nós hai moitas aves que nos observan, acochadas, pero e a miúdo escapan se nos achegamos. Todas teñen peteiro, plumas e ás, pero son moi diferentes entre si. Coa axuda da profe Pili estamos aprendendo a diferencialas e investigando un pouquiño sobre elas. Ahí van os resultados das primeiras investigacións! 



SAFARI

Aquí vos deixo o vídeo que recolle algunhas das cousas que aprendimos na nosa viaxe a través do reino animal. Traballastes un  montón, espero que vos guste!

sábado, 16 de mayo de 2020

O domingo 17 de maio é o día das letras galegas, que este ano se adica ao escritor Ricardo Carvalho Calero. A celebración oficial retrasouse para o mes de outubro, mais esta semana traballaremos un pouquiño a este gran escritor. Déixovos unha adaptación marabillosa  do seu relato autobiográfico As pitas baixo a Choiva. 

domingo, 10 de mayo de 2020

Bo día nenos e nenas!:

Déixovos aquí unha montaxe que fixen coas vosas  marabillosas creacións! Tedes moita moita imaxinación, seguide así!


viernes, 8 de mayo de 2020

Bo día familias!

Como sabedes, estamos estudiando os animais. Un compañeira fixo un vídeo moi especial para presentarnos aos seus animais. Por vivir nunha casa, ten moita sorte de ter moitos animaliños cos que xogar!